LitBlog

Flores para Algernon 
Daniel Keyes, 1966
Houghton mifflin harcourt
320 páx.
ISBN-13: 9780156030083


Resumo
Con máis de cinco millóns de copias vendidas, Flores para Algernon é a querida historia clásica dun home con discapacidade mental cuxa procura experimental da intelixencia se asemella á de Algernon, un extraordinario rato de laboratorio. En conmovedoras entradas do seu diario, Charlie conta como unha operación cerebral aumenta o seu coeficiente intelectual e lle cambia a vida.

A medida que o procedemento experimental ten efecto, a intelixencia de Charlie expándese ata superar a dos médicos que deseñaron a súa metamorfose. O experimento semella ser un avance científico de suma importancia, ata que Algernon comeza o seu repentino e inesperado deterioro. Acontecerá o mesmo con Charlie?Da editorial.)

O libro converteuse na película de 1968 Charly con Claire Bloom e Cliiff Robertson como Charlie, que gañou o Óscar ao mellor actor.